inicio | novas | fotos | biografía | instrumentos | enlaces | correo | libro de visitas
 
BIOGRAFÍA


Antón Davila naceu en Beluso, unha pequena parroquia do Concello de Bueu (Pontevedra) en 1974. Ós 7 anos iniciouse na aprendizaxe da gaita na Banda de Gaitas NOVOS VENTOS de Beluso, coa cal percorreu boa parte da xeografía Galega e Española, así como unha xira no ano 1985 por Alemania.
Fotografía feita por Anxo Cabada

No 1990 deixou a banda de gaitas, escomenzou estudios de piano e asistiu a cursiños impartidos por prestixiosos gaiteiros. A partires de 1992 e ata 1996, formou parte de grupos como ULTREIA (cuarteto tradicional) ou AMAIRXEN (quinteto folk).

No 1997 marchou para Dublín, xa que estaba moi interesado pola gaita Irlandesa. Tomou as súas primeiras clases en NA PÍOBAIRÍ UILLEANN. Recibiu tamén algunhas leccións de gaiteiros como Neillidh Mulligan, Mick O’Briain e Flaithrí Neff.
Escomezou a tocar en pubs con diversos músicos como Mick McNamara, Tommy Martin, Eamon de Barra, ... e tamén coa banda Shinook no VIKING CENTRE e no TEMPLE BAR MUSIC CENTRE.

En Marzo do 1998, baixo a dirección de ELS COMEDIANTS, participou no multitudinario espectáculo musical do día de San Patricio en Dublín.

En Agosto de 1998 tocou en Lorient (Francia) coa Orquestra Sinfónica da Bretaña unha composición do escocés Eddie McGuire, titulada L’Epopée Celtique.

En Setembro do 1998 voltou a Dublín para iniciar unha xira por Suecia, Dinamarca e Holanda coa banda irlandesa The Big Jigs.

En Xaneiro do 1999 participou no CELTIC CONNECTIONS, en Glasgow. No Royal Concert Hall interpretou por segunda vez a composición L’Epopée Celtique xunto con máis de 160 músicos: Orquestra Sinfónica de Escocia, a banda de gaitas escocesas The Scottish Power Pipe Band, a Bagad Kemper da Bretaña, o coro de 60 homes The Flint Male Choir de Gales, os Whistlebinkies de Escocia, Emma Christian da Illa de Man, Flaitrhí Neff de Cork....

En Marzo do 1999 visitou novamente Irlanda, podendo dar unha mostra de música Galega na Universidade de Cork.

En Novembro do 2000 participou no Tumbus Festival, en Cerdeña, xunto con gaiteiros de Escocia, Irlanda, Eslovaquia e Italia.

En Abril do 2001, 2003, 2005 e 2007 participou no festival Shennaghy’s Jiu, na Illa de Man (U.K.)

Na actualidade imparte cursiños de gaita ós emigrantes galegos en Europa e América, e forma parte das bandas ARAN, BELADONA e CELTAS CORTOS. Tamén traballa como compositor de bandas sonoras para documentais, así como músico de estudio.

GRABACIÓNS:

•Novos Ventos (1984)
•The Big Jigs "Unreel" (1998)
Tumbus (2000)
Irtio "Mar de Pedra" (2002)
Punto Omega "Punto Omega" (2004)
MacFéck "Save the Dragon" (2004)
Aran "GalÉire" (2004)
Celtas Cortos "Celtificado" (2004)
Los Suaves "El Jardín de las Delicias" (2005)
El Sueño de Morfeo "1+1 son 7" (2004)
Celtas Cortos "20 Soplando Versos" (2006)
BSO Película CARS (2006)
BSO Spot Mundial de futbol 2006 (2006)
BSO Spot Asturias Paraíso Natural (2006)
El Sueño de Morfeo "Nos Vemos en el Camino" (2007)
Celtas Cortos "40 de Abril" (2008)
Vallarna "Km90" (2008)
Celtas Cortos "Introversiones" (2010)
Beladona "Branco Roto" (2010)

DOCUMENTAIS:

Terras de Merlín (2002)
Muiños Tradicionais en Pontevedra (2003)
Amelia de Terra de Montes ( 2004-2005)
Valle-Inclán, O Tempo de Vilanova (2005)
Petroglifos, Testemuñas do Tempo (2006)
A Muiñada do Salnés (2007)
Julio Camba, Crónica dunha Vida (2007)
O Espía da Natureza I (2010):
     ›Cando baixa a marea
     ›A serra do Candán
     ›En busca do mexillón de río
     ›As casas dos mouros
     ›Os muiños de vento
Veciñas do aire (2011)
   
 
Fotografía feita por Anxo Cabada